Twin Peaks regresará en 2016

0
246

Após de que David Lynch e mais Mark Frost o deixasen cair o pasado venres, a canle Showtime anunciou o luns que a mítica série de televisión Twin Peaks regresará en 2016.

Os creadores e produtores executivos Lynch e Frost escribirán e producirán os nove episódios desta série limitada, na que Lynch dirixirá todos os episódios.

Agárda-se que a produción comece o ano que ven coa ideia de emiti-la en 2016 para conmemorar o 25 aniversário da innovadora e ás veces surrelista série orixinal. Nesta ocasión estará ambientada nos nosos días, pero continuará narrando mais acontecementos ao redor do mesmo mistério, fornecendo de novas respostas aos fans.

O presidente da Showtime Networks, David Nevins, dixo: “O que mais podo dicir – Twin Peaks con David Lynch e mais Mark Frost na Showtime en 2016! Citando ao axente Cooper, ‘Non teño nin ideia de onde nos levará isto, pero teño a sensación de que será un lugar ao mesmo tempo marabilloso e estraño’“.

Seica Kyle MacLachlan regresará ao seu papel protagonista, o axente especial Dale Cooper, xunto a outros membros do reparto orixinal ainda por determinar, e que asemade repetirán os seus papeis de hai 25 anos.

A Showtime aproveitará tamén apra emitir unha vez mais as dúas tempadas de Twin Peaks, todo elo antes de que se produza a estrea dos novos episódios en 2016.