Os Doce do Patíbulo do espazo

0
231

O director de Underworld e co-creador e produtor executivo da série de televisión Sleepy Hollow, Len Wiseman, unirá-se ao produtor executivo e showrunner de Gang Related, Scott Rosenbaum, para realizaren unha nova série de acción de ciéncia-ficción.

A Fox deu-lle á parella a oportundiade de faceren un episódio piloto. Polo de agora o proxecto non ten un título oficial, pero todo o mundo se refire a ela coma The Dirty Dozen in deep space (Os Doce do Patíbulo no Espazo Exterior).

A história vai sobre unha equipa de busca e rescate formada por mercenários enviados a investigar un sinal de socorro dun transporte de prisioneiros que se estrelou nun planeta que non aparece nos mapas. Este inusual grupo de heroes deberá aprender a traballar conxuntamente cando atopen alí un desafío que non agardaban.

Wiseman e Rosenbaum serán os produtores executivos, con Rosenbaum coma guionista e showrunner e Wiseman de director. Este será o terceiro episódio piloto que dirixe Wiseman após dos que fixo con Hawaii Five-0 e Sleepy Hollow.