Escribindo o guión dos Cazapantasmas

1052

O director de Bridesmaids e The Heat, Paul Feig, reunirá-se de novo con Katie Dippold, a guionista desta última película, para faceren conxuntamente o relanzamento de Ghostbusters para a Sony Pictures.

Dippold e Feig, quen respectivamente escribiu e dirixiu a comédia de acción protagonizada por Sandra Bullock e Melissa McCarthy, supervisarán o guión da nova entrega de Ghostbusters, que terá esta vez un reparto protagonista totalmente formado por mulleres, segundo indican diversos médios.

Por outra banda, o filme seica será totalmente un relanzamento, que ignorará por completo as dúas anteriores longametraxes e non dará continuidade aos feitos alí narrados, lanzando asemade unha franquía totalmente renovada.

Polo de agora non está claro se este será o vindeiro proxecto do director Feig.