Howard fóra de Iron Man 2

1326
War Machine
War Machine

Don Cheadle será o sustituto de Terrence Howard en Iron Man 2, a secuela da Marvel Studios do seu éxito deste verán.

No primeiro filme, Howard interpretou a Jim Rhodes, o millor amigo de Tony Stark e futuro portador da armadura que o convertirá en War Machine. Nunha escena do primeiro filme amosába-se a Howard fitando unha armadura prateada e decindo “para a vindeira“, unha liña argumental que ficou aberta para o deleite dos fans.

Pero non haberá vindeira vez para Howard.

Marvel non fixo comentários, pero fontes preto das negociacións dixeron que non se puido chegar a un acordo por mor de diferéncias financeiras, entre outras razóns. A Marvel, que xa quixera anteriormente traballar con Cheadle, decidiu que o papel iría noutra dirección e contratou ao novo actor.

Agora agárda-se que Rhodes teña un papel máis importante na secuela, que seica terá moito que ver con falcatruáns de alta tecnoloxía. Justin Theroux está a escribir o guión.

Jon Favreau regresará coma director, e Robert Downey Jr. volverá ser o industrial millonário que se covnerte en Iron Man. Gwyneth Paltrow tamén regresará ao seu papel de axudante de Stark, Pepper Potts.