Superlópez e Anacleto chegan ao cinema

0
247

O clásico persoaxe do cómic Superlópez chegará á pantalla grande da man do director Javier Ruiz Caldera e dos guionistas do filme mais recadador da história española, Oicho apellidos vascos, Borja Cobeaga e Diego San José, segundo informou hoxe o productor Francisco Ramos.

Ramos, da Zeta Cinema, fixo o anúncio no decurso do Festival de Cinema Fantástico de Sitges, onde a súa produtora amosou as primeiras imaxes de Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachomdo y Anacleto, agente segreto, dous dos seus proxectos baseados no mundo da editorial Bruguera e que se estrearán próximamente.

Cobeaga e San José non quixeron avanzar detalles do guión “porque aínda non está rematado”.

Pola súa banda, Ramos aclarou que a intención de Zeta Cinema é levar ao cinema ou á televisión a todos os persoaxes emblemáticos dos cómics Bruguera e anunciou que xa se puxeron mans á obra coa segunda parte de Zipi e Zape e coa adaptación de Rompetechos e As irmás Gilda.

Tanto as irmás Gilda coma Anacleto contarán cunha adaptación baseada no noso mundo actual do século XXI. De feito, na súa longametraxe, Anacleto envelleceu, tivo fillos e debe enfrontar-se á crise. Imanol Arias dá vida ao axente secreto no filme.

A produción de Mortadelo y Filemón contra Jimmy el cachomdo está mais avanzada, mália ser en 3D. Conta coa dirección de Javier Fesser e estreará-se o 28 de novembro.