Os zombis da Animal Planet

0
287

A canle de televisión americana Animal Planet, adicada ás reportaxes sobre a natureza, ven de se facer cos dereitos sobre a novela gráfica The Other Dead, de Joshua Ortega e Digger Mesch, e planea converte-la nunha série.

A história está ambientada en Louisiana durante o furacán Katrina e vai sobre un mundo de animais non-mortos e trebóns sen fin.

Nunha nota oficial, a co vicepresidente executivo da canle, Rick Holzman, dixo: “Esta é unha elección fascinante para Animal Planet, que quere diversificar-se con xéneros diferentes e dinámicos“.

Agárda-se que a série poida comezar a se emitir en 2016.