Brad Pitt producirá o filme de Wytches

0
317

A Plan B Productions e mais a New Regency veñen de se faceren cos dereitos sobre o cómic Wytches e xa planean facer unha adaptación do mesmo á pantalla grande.

O gañador do prémio Eisner Scott Snyder creou esta história, que vai sobre un pai que se muda coa família a unha vila próxima, para axudaren á súa filla Sailor e se recuperar dun traumático incidente de acoso que sofriu nos bosques.

Alí, ela comeza a ver figuras fantasmais familiares e o seu pai decáta-se de que hai unha mítica presenza aterradora que está a persegui-la polos bosques que rodean a vila á que se mudaron.

Polo de agora non hai guionista nin director vencellados a este proxecto. Snyder, Brad Pitt, Dede Gardner e Jeremy Kleiner serán os produtores executivos.