Mortal Instruments será unha série de TV

1053

Após de fracasar no despacho de billetes coma unha posíbel franquía no cinema, a série fantástica de novelas para adolescentes de Cassandra Clare The Mortal Instruments terá terá unha segunda oportunidade coma série de televisión.

Ed Decter (Helix, Unforgettable, The Client List) está a desenvolver a versión para a pantalla pequena para a produtora Constantin Film, a dona dos dereitos e produtora da longametraxe que protagonizaran Lily Collins e Jamie Campbell Bower.

O que non se sabe polo de agora é en que canle se poderá emtir esta série, que se prevé que teña un orzamento elevado e que podería tentar ser mais fiel aos libros orixinais cá película. En todo caso, a produción non comezaría até o ano que ven.