Grandes proxectos para Underworld

0
246

Hai uns días escomezou un rumor que afirmaba que a série de filmes de lobishomes Underworld ía ser revivida cun spin-off, desta volta protagonizado polo actor de Divergent Theo James. Ademais, todo semellaba indicar que Kate Beckinsale estaría fóra deste proxecto.

Agora seica os plans para a franquía son ainda mais ambiciosos. No decurso dunha inervención na New York Comic Con esta pasada fin de semana, o director de Underworld (e marido de Beckinsale) Len Wiseman dixo que a actriz inglesa ainda non lle dixo adéus á popular saga.

De feito, hai tres proxectos en desenvolvemento: a xa mencionada película secuela protagonizada por algún dos persoaxes secundários dos filmes anteriores, unha secuela na que participará Beckinsale ao seu papel de Selene, e mais unha série para a televisión.

Wiseman engadiu que ainda non sabe cal dos tres proxectos terá prioridade.