O actor español Javier Bardem está a manter negociacións para interpretar o papel do vilán na vindeira longametraxe Pirates of the Caribbean: Dead Men Tell No Tales, que ten prevista a súa estrea para o verán de 2017.
Bardem faría dun capitán pirata pantasma que lle bota a culpa a Jack Sparrow (Johnny Depp) pola morte de seu irmán e está a procurar un obxecto sobrenatural que lle pode axudar.
O outro papel salientábel no filme será o da namorada de Sparrow, unha muller que está acusada de ser unha meiga. Joachim Ronnin e mais Espen Sandbreg dirixirán o filme.
Geoffrey Rush regresará asemade ao seu papel de capitán Barbosa neste proxecto, que se rodará ao longo de cinco meses o ano que ven en Austrália.
A muller de Bardem, Penélope Cruz, interpretara ao papel feminino protagonista na anterior entrega da série, Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides.