Jovovich á Torre do Reloxo

0
176
Clock Tower
Clock Tower

Milla Jovovich ven de se unir ao reparto de Clock Tower, o novo filme do director Martin Weisz e no que estará acompañada por Brittany Snow.

O rumor, que viña dando tombos pola Rede dende había un tempo, supón a confirmación da rodaxe dun filme baseado nun videoxogo: Clock Tower é un xogo de terror en primeira persoa creado pola Human Entertainment e continuado por Sunsoft. A série asemélla-se moito a un filme de terror e ao contrário ca noutros xogos semellantes, non se enfoca na violéncia nin en disparar contra os monstros senón en utilizar os obxectos que nos rodean, agochar-se e fuxir mentres se resolven os mistérios dun argumento moi rebiricado. O principal interese é o medo a ser descoberto ou capturado polos malvados.

No filme, unha muller é atormentada por un meigallo que caiu sobre a súa família hai moitas xeracións, pero a única persoa que cré nela é o psiquiatra que coñece nunha institución mental. Xuntos dispóñen-se a atopar a fonte do meigallo familiar e loitar polas súas vidas.

A rodaxe do filme está prevista que escomece en novembro.