Adía-se a Ascensión para decembro

0
231

A canle Syfy ven de anunciar que vai adiar a súa nova minisérie de ciéncia-ficción ambientada no espazo Ascension, pero que o fará porque teñen uns plans moi diferentes para a súa emisión.

A série vai sobre os membros dunha misión espacial americana secreta dos anos 60, na que seenviou a centos de persoas nunha viaxe que duraría un século na nave espacial Ascension, coa ideia de poboaren un novo mundo.

Pero á metade da súa viaxe, e mentres se achegan ao punto de non-retorno, o asasinato dunha rapaza causa qeu a tripulación da nave comece a se preguntar a auténtica natureza desta misión.

Orixinalmente a minisérie duraría seis episódios que comezarían a se emitir o 24 de novembro con periodicidade semanal. Agora, nombergantes, a canle decediu que será emitida en tres fases, con episódios de dúas horas cadanseu, ao longo de trs noites consecutivas, do 15 ao 17 de decembro.

Brian Van Holt e Tricia Helfer son os protagonistas da série.