McConaughey, listo para ser o Doutor Strange

0
208

A lista de candidatos para se faceren co papel protagonista do filme da Marvel Doctor Strange vai-se facendo mais e mais grande.

Nestes intres os máximos contendentes son Matthew McConaughey, Jake Gyllenhaal e Oscar Isaac, aos que hai que lle sumar os nomes dos xa coñecidos Ewan McGregor, Jared Leto e Ethan Hawke. Todos eles dispostos a se meter na pel do doutor Stephen Strange, o cirurxán que se converte no Supremo Feiticeiro dos cómics.

O principal problema de McConaughey é a súa sobrecargada axenda de traballo, Gyllenhaal pola súa banda está “moi interesado”, e de Leto coménta-se que está a “perseguir agresivamente” o papel. Isaac foi incluído na listaxe despois de que os executivos da Marvel puideran ve-lo en acción nalgunhas tomas do vindeiro filme de Star Wars. E Hawke seica aínda continúa na batalla.

Joaquin Phoenix mantivo conversas para se facer co papel dende o pasado xullo, pero foi descartado hai un par de semanas. Agárda-se que axiña se faga o anúncio oficial.