Robert Redford úne-se a Pete’s Dragon

0
230

O lendário Robert Redford está en conversas para se unir ao remake do clásico filme familiar da Disney Pete’s Dragon. A nova versión do orixinal de 1977 usará acción real combinada cun dragón xerado por computador.

Na nova versión, Pete (Oakes Fegley) é un rapaz cuxos pais morreron nun accidente de automóbil, e dende aquela foi criado por un dragón chamado Elliot nun bosque agora ameazado polos leñadores.

Os outros persoaxes serán o vixiante forestal, a xoven filla do muiñeiro (Oona Laurence) e mais o seu cobizoso irmán. Redford fará o papel dun habitante da vila que conta vellas histórias sobre dragóns nas que ninguén acredita.

David Lowery dirixe este proxecto que comezará a se rodar en Nova Celándia este outono, non lonxe do lugar onde agora mesmo Redford se atopa rodando o seu filme Truth xunto a Cate Blanchett en Austrália. Jim Whitaker é o produtor.