Shawn Levy dirixe o filme de Minecraft

0
323

O realizador Shawn Levy (Night at the Museum, Real Steel) será o encargado de desenvolver e dirixir a adaptación ao cinema do popular videoxogo Minecraft para a Warner Bros. Pictures.

Oficialmente lanzado en 2011, o xogo consiste nun mundo virtual feito de bloques cúbicos que os xogadores poden mover para construír muros que os protexan dos monstros noiturnos que proveñen do submundo (o Nether). Dende que apareceu, o xogo evolucionou enormemente, permitindo aos xogadores construír incríbeis creacións.

O sítio oficial do xogo conta con mais de cen millóns de usuários rexistrados. A versión para XBox vendeu mais de dez millóns de cópias.

O proxecto ainda non conta cun guionista, pero si con dous produtores: Roy Lee e mais Jill Sobel Messick.