A Syfy ven de se facer cos dereitos para levar á pequena pantalla a minisérie dos cómics de 2012 Dark Matter da editorial Dark Horse, coa Prodigy Pictures producindo unha tempada de 13 episódios desta space opera e que serán emitidos en 2015.
Os guionistas de Stargate Joseph Mallozzi e Paul Mullie crearon o cómic orixinal, que vai sobre a tripulación dunha decrépita nave espacial que espertan dunha estase sen memória nin recordos de como chegaron a bordo.
Alí deberán enfrontar-se aos perigos que os axexan e traballaren conxuntamente para sobreviviren a unha viaxe chea de traizóns e segredos.
O proxecto é unha das moitas adaptacións de cómics que quere levar á televisión a Syfy. Entre os outros están a série de cazatesouros sobrenaturais Five Ghosts, o drama de samurais de Frank Miller Ronin e mais o conto político espacial Letter 44.