Bewitched regresará á televisión

0
224

Mália o enorme fracaso do filme de 2005, a Sony Pictures TV e mais a Red Wagon Entertainment están interesadas en facer unha nova versión do clásico sitcom televisivo dos anos 60 Bewitched.

Elizabeth Montgomery protagonizaba o orixinal no papel dunha meiga casada cun home normal e corrente. A série ía sobre as típicas cousas que lles acontecían aos matrimónios que vivían nas zonas residencias das afóras dunha grande cidade e de como a meiga debía enfronta-las sen lle revelar o seu segredo ao seu home e ao mesmo tempo enfrontándo-se á súa família de meigos, que non aprobaba a súa decisión de casar cun mortal.

O programa orixinal foi re-emitido por todo o mundo moitas veces, facéndo-se enormemente popular.

Abby Kohn e Marc Silverstein están a escribir a nova versión, esta vez ambientada nos nosos días, mentres o programa orixinal celebra o seu 50 aniversário. Seica hai xa moitas canles interesadas na nova série.