James Wan esconxura o novo “The Conjuring”

1064

O luns deu-se a coñecer a nova de que a estrea da secuela do filme da New Line The Conjuring fora adiada dende outubro de 2015 a 2016, e seica o motivo foi a contratación de James Wan, quen xa se encargou do primeiro filme en 2013, e que participará nesta continuación coma director e produtor.

Wan está aínda ocupado traballando na sétima parte de Fast and the Furious e rodará The Conjuring 2 o vindeiro verán unha vez que conclúa o seu compromiso coa franquía das carreiras de coches da Universal.

A Universal de feito ten unha opción para retér a Wan para a oitava entrega da saga, pero lle permitirán facer un descansiño para dirixir entrementres The Conjuring 2.