Peter Jackson producirá O Hobbit

0
193

Capa do libro orixinalO gañador de vários premios da Académia, Peter Jackson, Harry Sloan, director e presidente dos estudos Metro-Goldwyn-Mayer Inc. (MGM), e Bob Shaye e Michael Lynne, co-directores e copresidentes da New Line Cinema, veñen de anunciar hoxe en común que chegaron á seguinte série de acordos:

1º. MGM e New Line co-financiarán e co-distribuirán dúas películas, O Hobbit e unha secuela de O Hobbit. A New Line distribuirá en América e a MGM distribuirá internacionalmente.

2º. Peter Jackson e Fran Walsh serán os produtores executivos de dúas películas baseadas en O Hobbit. A New Line dirixirá a produción das películas, que se rodarán simultáneamente.

3º. Peter Jackson e a New Line arranxaron todos os preitos en relación coa triloxía de O Señor dos Aneis.

En palabras de Peter Jackson, “alédo-me moito de que fosemos capaces de deixar a un lado as nosas diferéncias, para que podamos comezar un novo capítulo cos nosos vellos amigos da New Line. O Señor dos Aneis é un legado que compartimos orgullosos con Bob e Michael, e xuntos compartimos ese legado con millóns de fans leais en todo o mundo. Estamos encantados de continuar a nosa viaxe pola Terra Média. Tamén quero agradecer a Harry Sloan e aos nosos novos amigos da MGM por nos axudar a atopar unha base en común para continuar esa viaxe“.

Peter Jackson amosou ser o cineasta que pode levar a extraordinária imaxinación de J.R.R. Tolkien á vida, e de corazón aceptamos cando os fans de todo o mundo nos dixeron que el debía ser quen fixera O Hobbit“, dixo Sloan, directivo e xefe da MGM. “Agora que todos estamos de acordo sobre O Hobbit, podemos enfocar-nos en axuntar á equipa de produción que capturará esta história fenomenal para o cinema“.

Bob Shaye, co-directivo e co-presidente da New Line, comentou: “estamos encantados de poder resolver as nosas diferéncias e que Peter e Fran estarán activa e creativamente involucrados nas películas do Hobbit. Sabemos que aportarán a misma paixón, coidado e talento a estas películas que o que tan hábilmente conseguiran coa triloxía do Señor dos Aneis“.

Peter é un cineasta visionário, e rachou os moldes co Señor dos Aneis“, engadiu Michael Lynne. “Estamos marabillados coa ideia de que volva polas películas do Hobbit e que a saga de Tolkien continúe coa sua impronta. Aprezamos enormemente os esforzos de Harry Sloan, quen foi clave axudándo-nos a chegar a este novo acordo“.

As dúas películas do Hobbit – O Hobbit e mais a súa secuela – están programadas para se rodar simultáneamente, e a preprodución empezará tan axiña coma sexa posíbel. Agárda-se que a rodaxe principal dea comenzo en 2009, coa intención de que O Hobbit se estree en 2010 e a sua secuela o ano seguinte, en 2011.