Preestrea do Internado en Vigo

0
215
Os actores da série
Os actores da série

Por primeira vez en España, Antena 3 preestreará mañá de xeito simultáneo en catro cidades o primeiro capítulo correspondente á cuarta tempada da súa serie El internado. Os actos contarán coa asisténcia de oito dos protagonistas da série.

A partir das 19:00 horas en Bilbao e das 20:00 horas en Vigo, Sevilla e Múrcia, os seguidores da série poderán disfroitar unha semana antes das novidades da cuarta tempada de El internado.

A série, chea de adolescentes, mistérios e un toque fantástico inusual nas televisións españolas, está producida por Globomedia e conta no seu reparto con Amparo Baró, Luis Merlo, Natalia Millán, o vigués Martín Rivas e a nena Carlota García. O argumento descorre nun coléxio aillado do mundo, “La laguna negra”, que agocha un grande mistério no bosque que o rodea.

En Vigo o evento terá lugar no Cinebox da Praza Elíptica (Praza Francisco Fernández del Riego), e contará cos actores convidados Martín Rivas e Marta Hazas.

El internado arrinca esta cuarta entrega após do éxito de audiéncia obtido na despedida da sua terceira tempada, cuxo capítulo final, La noche del fuego, rexistrou unha média de case catro millóns de seguidores (3.944.000) e o 24% de cota de pantalla, máximo da tempada e o seu segundo millor dato histórico, só superado polo desenlace da segunda tempada. O episódio foi líder absoluto entre o público de 4 a 44 anos, con especial seguimento entre o grupo de idade comprendido entre os 13 aos 24 anos (42,5%).

Asimesmo, a emisión de Los secretos del internado, que Antena 3 ofreceu ao remate do capítulo, rexistrou máis de 3 millóns de espectadores e un 30% de share. Con estes resultados, El internado concluiu a súa terceira tempada cun promédio de 3.418.000 espectadores e un 20,4% de share, convertíndo-se na ficción máis vista do seu día de emisión, os mércores.