O gañador dun Oscar Jared Leto semella ter moitas opcións de se facer cun importante papel no vindeiro filme de David Ayer Suicide Squad, e ese papel é nada menos có do superfalcatruán o Joker.
Ainda que o papel semellaba reservado para Ryan Gosling, o actor desbotou a ideia porque non quería asinar un compromiso para mais dunha película. Leto pola súa banda xa expresara o seu interese no filme da Marvel Doctor Strange, un papel que agora mesmo seica será de Benedict Cumberbatch. Dado que a oportunidade de ser o protagonista dun filme da Marvel fallou, Leto quere enfocar-se agora na oportunidade de facer o papel do infame pallaso asasino.
Tom Hardy, Will Smith e Margot Robbie están nestes intres a negociar a súa incorporación ao reparto deste filme, no que o governo concede a un grupo de superfalcatruáns da DC Comics unha oportunidade para se redemiren enviándo-os a unha misión na que posíbelmente van morrer.
Agárda-se que Jesse Eisenberg repita o seu papel de Lex Luthor na longametraxe, para a que nombergantes ainda non hai ningún nome confirmado.
O Joker non aparecía no guión orixinal de Justin Marks, pero Ayer quere facer algunhas modificacións e unha delas sería a de incorporar ao persoaxe.