Ainda que é coñecido sobre todo pola súa laboura coma director, Guillermo Del Toro emprestará a súa voz para se incorporar ao reparto do vindeiro filme de debuxos animados de Raúl García, Extraordinary Tales.
Baseado nas obras de Edgar Allan Poe, a modesta produción (2,5 millóns de dólares de orzamento) é unha nova versión dalgunhas das mais clásicas histórias do clásico escritor de terror, cada unha cun estilo diferente de animación que reflicte o universo de Poe baixo a ollada de vários artistas.
Del Toro porá-lle a voz ao persoaxe de The Pit and the Pendulum, o conto sobre un home torturado pola Inquisición española. O estilo deste segmento será unha réplica da clásica fotografía do século XIX.
Outros nomes lendários, coma os de Christopher Lee, Julian Sands e mais Roger Corman, tamén emprestarán as súas voces para outros segmentos. Polo de agora sábe-se que ún deles estará inspirado no conto Masque of the Red Death.