Kapur dirixirá o meigallo do Tigre

0
302

O director do filme Elizabeth, o índio Shekhar Kapur, será o encargado do filme de aventuras Tiger’s Curse para a Lotus Entertainment e mais a Ineffable Pictures.

Baseada nunha série de novelas de Colleen Houck, a história vai sobre unha muller que descobre que ten un poder que lle permite conectar-se cun fermoso tigre branco chamado Ren mentres traballa nun circo en Oregon durante un verán.

Cando un misterioso estraño chegue para reclamar a Ren e devolve-lo á súa Índia nativa, a muller descobre que o tigre é un príncipe vítima dun meigallo de 300 anos.

A creadora da série Vampire Diaries, Julie Plec, adaptou o guión orixinal, mentres ca Kapur, Raphael Kryszek, Jesse Israel, Bill Johnson e Jim Seibel serán os produtores.