Fede Álvarez será un home na escuridade

0
303

O guionista e director do remake do filme Evil Dead, o uruguaio Fede Álvarez, o co-guionista Rodo Sayagues, e mais os produtores Sam Raimi e Rob Tapert serán os encargados, nos mesmos postos, de realizar o thriller A Man in the Dark para a Ghost House Pictures.

A história vai sobre tres adolescentes que levan a cabo habitualmente roubos nas casas perfectamente planificados. Un día planean facer un derradeiro traballo, roubar a un cego que vive encerrado na súa casa e que seica ten millóns de dólares agochos.

Pero cando entran, as cousas cambian de súpeto e encontran que deberán loitar polas súas vidas contra un psicópata que ten segredos de seu.

J.R. Young, Nathan Kahane e Joe Drake serán os produtores executivos.