Nolan levará á Triloxía de Asimov á tele

0
279

O guionista de Memento e Interstellar e creador da série de televisión Person of Interest, Jonathan Nolan, será o encargado de escribir e producir Foundation, unha série para a HBO e mais a Warner Bros. que adaptará á pequena pantalla a triloxía de novelas orixinal do clásico autor de ciéncia-ficción Isaac Asimov.

Asimov escribiu os libros a princípios dos anos 50, ainda que logo houbo unha continuación con catro tomos mais nos 80. A triloxía orixinal vai sobre o matemático Hari Seldon, un home que adicou a súa vida a desenvolver a psicohistória, un concepto que pode predicir o futuro a grande escala.

Cando prevea a inminente caída do Império Galáctico e a chegada dunha era escura que durará trinta milénios, encárga-se de crear unha fundación de artesáns e enxeñeiros que deberán preservar e expandir o coñecemento colectivo da humanidade coa esperanza de fundar un novo império no futuro.

A Sony Pictures adquiriu os dereitos hai xa anos coa ideia de realizar unha superprodución dirixida e producida por Roland Emmerich, pero ese proxecto nunca se levou a cabo, o que fixo posíbel que a HBO mercase os dereitos, por certo a grande custe, a princípios deste verán. Nolan, que xa estaba a traballar coa HBO na vindeira série Westworld, estivo a traballar silandeiro en Foundation dende que a HBO se fixo cos dereitos.