O Virus da Eternidade

0
635

A súa casa levaba pechada con chave todo o día. Diso, Niko estaba ben certa. Tiña vixianza estándar por webcam, alarmas sensíbeis ao contacto, medidas a proba de fallos. Ela vivía nos arredores, unha rapaza solteira acobilalda con seguridade no anonimato do espallamento urbán, o seu niño ilegal inexpugnábel a todo agás ás medidas mais violentas de entrada pola forza, a súa vixianza meticulosa. Non había maneira algunah de que ninguén se infiltrara no perímetro sen ela o saber.

Un golpe de paranoia curtou-lle a conciéncia cando regresou a casa tarde polo serán cunha bolsa chea de comestíbeis. Unha luz feble emanaba da ventá frontal. Niko non deixara ningunha luz acesa, nunca o facía. A electricidade era demasiado preciosa. A súa rede de alarma e comunicacións funcionaban con enerxía solar. Cando estaba fóra polo día, o sistema fornecía enerxía á grella aos puntos de baixa voltaxe. A porta principal estaba segura. Fixo zoom cunha lupa óptica procurando pegadas dactilares ou manchas no tirador da porta. Buscou pequenos arañazos ao redor do mecanismo de peche. Non había sinal de alteracións.

Niko abriu a porta cun sensor de palma e entrou silandeira. Ficou parada e escoitou uns momentos, marcando un aumento de frecuéncias até o seu límite superior, pero non puido sentir ren agás o seu rápido latexo do corazón e unha mosca nun lavadoiro baixo o vestíbulo á súa esquerda. Camiñou moi amodo, coma un gato, cheirando o aire na busca dalgo inapropiado. Un cheiro a ozono manchaba o aire.

Un frasco brillante estaba pousado na súa mesa de café na sala de estar, un faro branco brillante cunha cór verde sutil. Niko deixou a súa mochila e sentou cun baque ao mentres xurdía o recoñecemento. Este era o Virus Eterno! Este era o elixir máxico, xusto aí no seu acobillo das afóras. O pánico empurrou-se pola súa gorxa. De ningunha maneira. Ela fitou, sen ousar toca-lo, coa mente rebobinando posibilidades. Podería te-lo enviado o seu curmán Rix dende o Instituto de Investigación Eterna? Algúns experimento de laboratório? Non tal. Non había tecnoloxía humán dispoñíbel para transportar o virus a unha habitación pechada con chave. E ademais, este non era un espécime diluído no laboratório. Esta era unha mostra activa, brillante e vital. Este era o auténtico, directo dende a fonte. Ela non puido pensar noutra explicación. O estómago comezou a lle bater.

Niko levou a comida á cociña, estábel sobre os seus pés. Fixo un batido vexetal e tragou-no amodo, puxo algo de queixo e froita fresca na neveira, unha barra de pan na despensa, tentando organizar os seus pensamentos contra unha onda de confusión. A súa vida nunca sería a mesma. O virus álien, o tesouro mais procurado no mundo civilizado, xusto aí na súa sala de estar. A vida eterna.

Que presa.

Vale, acouga. Agora estaba soa. Rix fora tragado polo IIE, coma novo eterno. Se cadra podería contactar con el, decatar-se dalgún xeito. O seu pai Zak viaxara fóra do planeta para atopar unha mostra activa para o seu único fillo, sacrificara as súas lembranzas no camiño e quen sbe que mais.

Niko regresou á súa mesiña de café e colleu o brillante trofeo que había alí. Mirou-no coidadosamente. O vial tiña forma dun símbolo do infinito, dous lóbulos cunha estreita estrada no médio. Estaba quente, vivo, suave coma o cristal, se cadra algún tipo de plástico alieníxena, e estaba deseñado para rachar no punto débil e vovla-lo na língua. Nun recente experimento de laboratório, o virus diluíra-se cen veces e déra-se a suxeitos dunha proba sen un só caso de contáxio, agás o de Rix. Non se podía transferir de persoa a persoa de ningún xeito. A transmisión do virus era o meirande mistério biolóxico do universo. Cada mostra activa estaba dirixida específicamente a un só hóspede humán – neste caso, a ela soa. Elexíran-a para vivir para sempre.

Niko botou o vial na mesa coma se fose unha brasa.

Ninguén podía obriga-la a aceptar a ciéncia alieníxena, non mentres vivi-se e respira-se. Tiña libre vontade coma sempre, aínda podía deixa-lo pasar e probábelmente debería. O contáxio viral viña con importantes obrigas, tanto para outros Eternos coma o médio ambiente planetário en xeral — toda esa merda da salvación do mundo. Ela seguro que non necesitaba esa responsabilidade extra. A súa vida xa era abondo complicada. Un espécime raro coma este valería unha fortuna para un comprador rico pero inxénuo, ou se cadra un grupo de investigación cunha nova dirección. Ela podería retirar-se no decurso e engolir batidos vexetáis na práia nun paradiso fiscal o resto dos seus días.

Se non-a daban asasinado por iso antes.

O brilo lixeiro chamou a súa atención coma un imán. Esta era a oportunidade da súa vida, a súa invitación exclusiva á inmortalidade. Como podería rexeita-la?

Niko tocou-no con dedos dubidosos. Sostivo o vial perante os ollos até o máximo aumento e inclinou-na adiante e atrás, buscando burbullas de aire, movemento. Semellaba completamente uniforme e invariábel. Case podía ver a través, pero o brilo oscurecía a inspección de preto. Un líquido ou un xel, non-o sabía. Se cadra era gaseoso. Deixou-no no sítio.

Por que ela? Por que os áliens a escolleran para o contáxio? Ela era unha clon, unha criminal por dereito de nacemento, contrabandista de profesión, e ainda que gostaba de crér que tiña unha boa relación de traballo coa lei do país, sempre traballaba dende o lado enganado da vala da lexitimidade. Non era unha boa candidata para a xenerosidade infinita. Era unha trampa? Algunha conspiración? Niko comezou a camiñar, patrullando a súa casa coma unha panteira, cismando.

Non era merecedora da benzón, pero quen o era? O virus Eterno non era unha recompensa por coidar ben da casa. Non era un pagamento, senón unha promesa. Era un regalo gratis dos deuses, pero a que custe futuro? Niko imaxinába-se a si mesma coma unha pranoica cínica e protectiva. Preguntába-se por todas as afirmacións coma parte do seu comportamento diário nos negócios, un instinto de supervivéncia arraigado. Non confiaba nas autoridades. O que poderían esixir mais adiante os áliens polos poderes rexeneradores do virus? Eran monicrequeiros, subindo propósitos a suxeitos con vontade de seu, se cadra mesmo cognición subconsciente? Após de que os humáns mortais desapareceran, aparecerían os áliens para o domínio completo do planeta? Estaban só a ofrcer os seu tempo, deseñando un grande espectáculo a través dos séculos?

Só un xeito de o averiguar.

Niko colleu o vial por terceira vez e rachou-no á metade. Estalou co són dunha lámpada rachada e un cheiro de aerosol frotou cara enriba coma fume. Caíron-lle unhas poucas pingas, pero botou o resto na língua sen o dubidar. Sabía a mel, rico e vibrante. A calor chorreou–lle pola gorxa mentres engolía. O sabor ficou e medrou, chegándo-lle ao narís con rizos de pracer. Engoliu de novo, a dozura agora engoxante. A sensación espallou-se polos pulmóns e pola columna vertebral. Niko sentiu-se atordoada un intre e preguntou-se se o virus rachara a barreira do sangue no cerebro tan axiña. Agora estaba comprometida. Noh había necesidade de ter medo. Sentou no seu sofá acolchado e se puxo cómoda. O seu estómago comezou a se axitar.

Veleno, díxo-lle o corpo. Hora de vomitar. Resistiu a necesidade. Se cadra o virus decedira que ela era unha mala candidata despois de todo. Se cadra estaba a proba-la, léndo-lle a mente. Non te servirei, subvocalizou. Pero sabía no corazón que xa aceptara a súa sumisión. O virus era o única alternativa, a única promesa de lonxevidade dispoñíbel para a súa espécie. O rexuvenecemento químico só podía facer un pouco e era absurdamente caro. A cirurxía estética, o zume de xens, esteroides… todas esas opcións palidecían contra o poder rexenerativo do virus. Tomara a decisión axeitada.

Unha marea de benestar xurdiu-lle do diafragma, empurrándo-a cara enriba e logo de volta ao seu asento. Niko tensou-se coa alarma pero forzou-se a acougar. Tumbou-se e pechou os ollos mentres o corpo lle comezaba a formigar, sentindo cada célula viva. As mitocóndrias, lera, eran as vesículas obxecto do virus. Nunca antes sentira as súas mitocóndrias. O pensamento fíxo-a sorrir, e se decatou de que xa estaba a sorrir, sorrindo con eufória coma un tolo drogado. Ladrou un riso.

Así que era isto, ledícia coma un río. Que guai.

Niko se deixou levar, delirando cunha estraña sensación de invencibilidade. Estaba a ser rexenerada activamente polos áliens. Podía senti-lo. Sabía-o dende dentro, por algún novo xeito de comunicación, un poder intuitivo.

O seu sistema de vixianza chiou tres rápidos sinais dende algún lugar lonxe, e ela frotou a través de capas de percepción e cognición para acadar a superfície da consciéncia. Abriu os ollos e comprobou o seu monitor de pulso. A súa cámara Web amosaba a tre homes diante da porta de entrada. Maldición. Xusto cando estaba a facer unha boa sesta.

Niko moveu a webcam para que fixera un zoom sobre as tres figuras á busca de armas. Nada óbvio, pero realmente, quen sacaría un arma á rúa nas afóras? Mirou a hora, 4:49 do serán. Axiña habería tráfico de regreso dos viaxeiros.

Non ían vestidos de polis, pero iso non sinificaba moito estes tempos. E por que tres? Un home á porta podería estar a vender seguros ou algún outro timo. Dous poderían vender relixión. Pero tres non sifinicaba outra cousa ca problemas. Tres poderían ser un interrogador con dúas testemuñas, ou o soldado en punta con dous escoltas. Tiña unha mala sensación.

Pediu un escaneo completo de movemento e recebiu dous positivos no pátio de atrás. Enfocou as cámaras. Maldición. Dous matóns con rifles dentro do seu perímetros. Dobre maldición. Eses tipos eran matóns de empresa, unha patrulla de mercenários. Viñeran a captura-la por algún motivo. Niko rebibinou nas súas lembranzas mais recentes na busca dunha explicación. Por que ela? Non estaba en xogo polo de agora. Supoñía-se que estaba de vacacións. Quen a querería prisioneira ou morta? Si, fixera inimigos no pasado, pero nunca a mantenta. A competición era parte natural de facer negócios, xogar un rol temporal. O mes que ven os seus inimigos pdoerían ser parceiros no crime. Por que matar a unha traballadora con talento?

Niko chimpou e dirixiu-se ao médio garaxe onde gardaba a súa moto todoterreno. Abriu un pouco a porta e comprobou a súa beleza vermella, comezou a súa listaxe de control cando alguén petou na porta de entrada. Alomenos estaban a ser amábeis. O seu atraso en botar a porta abaixo deu-lle un bó senso da seriedade do seu apuro, pero non agardou a medi-los contra a média nacional. Tiña unha rota de escape para esas ocasións, un túnel baixo o pátio de atrás que ela e Rix arranxaran e probaran moitas veces. Unha trapella no bordo da súa propriedade penduraba dun atraso de cinco segundos e servía coma rampa de lanzamento á rúa lateral. Podía estar na autoestrada en noventa segundos ou fóra da estrada nos arbustos en tres minutos.

Niko acendeu a súa moto e púxo-a en marcha mentres se puña o capacete. Deu-lle gas para quenta-la axiña e comprobou o seu monitor de pulso. Os matóns xa oíran o ruído e estaban a mirar o médio-garaxe. Ún xa sacara unha pistola.

Non importa, estaría fóra en cinco. . .

Palmeou un botón de plástico vermello na parede e puxo unha marcha.

Catro . . . tres . . .

A moto acelerou cara abaixo a un túnel subterráneo e entrou nunha total escuridade.

Dous . . . un . . .

A trapella caeu cunha delgada capa de céspede por riba e Niko lanzou-se pola rampa ao aire libre. A moto acelerou sen fricción durante un segundo e aterrou, cuspindo lama e grava mentres Niko a dirixía pola rúa lateral abaixo. Un proxectil pasou-lle asubiando xunto á cabeza.

Que ironía ser asasinada só minutos despois de se converter en Eterna. Odiaba aos matóns. Sen consciéncia, eran autómatas cunha misión. Eran incesantes, implacábeis. Nunca podería regresar a casa.

Niko reduciu unha marcha e xirou na seguinte esquina para desaparecer da vista. A súa moto berrou ao acelerar e case nin notou a liña de cravos na estrada cando a súa roda dianteira foi instantáneamente pinchada. Ela abalanzou-se sobre o manillar e sentiu unha horrible sensación de perda de peso mentres voaba polo aire. O asfalto chegou axiña a recebi-la. Agachou-se e aterrizou duramente nas costas do capacete, tentou rodar con el e bateu a columna contra o pavemento. Deslizou-se de cú sobre o cóxis e os omoplatos e se despelexou os brazos tentando gañar estabilidade.

Un remuíño de muxicas escureceu-lle a visión cando tentou mirar para o ceo. Nubes, pensou mentres tentaba centrar-se, para seguir no xogo. Sentou-se e sacou o capacete, tirou-no. Un rifle apuntaba-lle á face.

“Bó movemento, figura”.

Niko escoitou a voz pero non semellaba posíbel localizar a fonte. Todos os intentos de mover a cabeza producían-lle espasmos no pescozo coma coitelos afiados. Finalmente o home punta apareceu-lle á vista sobre ela. “És mercancía avariada ou que?” Estaba moreno, trinta e tantos, levaba un chapeo negro e unha camisa con pescozo cun estampado de liñas cruzadas. Os seus ollos azuis estudába-na intensamente.

“As costas”, refungou ela. “O que queredes de min?”

“Ti es Eterna. Somos unha axéncia de recollida”.

“Vampiros?”

“Unha empresa de cosméticos, se queres sabe-lo. Fica tumbada un momento. Agardaremos por un estirador mentres a miña equipa limpa as probas. Queres quedar coa moto? Semella moi esnafrada”.

“Puxeches vós o virus no meu condo? Agardando a que eu o tomara?”

“Eu? Dubído-o”. Moveu a cabeza. “Ven dos áliens”.

“Como podiades saber que estaba alí?”

“Buratos de verme”. O home punta mirou ao lonxe, buscando testemuñas, atento aos negócios. Semellou satisfeito e deu un complicado aceno coas mans a un compatriota na distáncia.

Niko chamou a súa atención. “O que queres dicir?”

“Temos frikis que monitorean os buratos de verme. Dan-nos as coordenadas, recollemos a mercadoría. Equipas de frikis, realmente. Taquións e merdas desas”.

“Diso nada”.

“Tes unha explicación millor, cariño?”

Niko tentou sentar-se e foi recompensada con dór. Fixo un aceno de dór e presionou o seu beizo inferior entre os dentes. A perna esquerda tremeu-lle.

“Fica tumbada, meniña”, dixo o home punta nun susurro, suavizando a voz con empatía. “Non nos metas en problemas sen unha boa razón. Fixeches o que debías, e moi ben por certo. O millor que vin. Case coma se souberas que iamos chegar”. Sorriu, sen lle importar salientar o óbvio, que só un criminal tería unha ruta de escape baixo terra. “De todos os xeitos, vas estar ben. Non desacougues. O teu sangue só vale unha chea durante as primeiras semanas cando a rexeneración é mais potente. Logo pasarás ao segundo nivel uns meses, e dependendo das condicións do mercado poderías saír do laboratório durante unha tarde ao pátio traseiro. Despois diso, o virus só será de nivel eterno normal, só válido para o mercado negro e os vendedores de feira ambulantes. Terás o uso exclusivo da prisión”.

“Non podes secuestrar-me sen unha orde!”

“Secuestro? Que mono. Deberías ter pensado ben isto antes de subires, ruliña. Agora non tes ningún dereito. Es unha terrorista da evolución!”

Unha furgoneta gris aparcou ao seu carón, sen intermitentes, sen marcas, e un médico noviño saiu dela.

“Precisamos un colar cervical e unha padiola para esta”, dixo o home punta. “Coidado coa mercadoría. Dróga-a para o transporte”.

Niko á penas podía mover os ollos por mor da dór que chegaba. O cerebro comezaba a saír amodo do shock, deixando que a realidade fixera-o ao seu cruel xeito. Unha máscara de plástico caéu-lle sobre a nariz e a boca, e loitou por apartar a face. O pescozo estaba totalmente paralizado, a columna vertebral coma un vímbio de ferro. Fixo un ruído de agonía entre os dentes apretados, pero ao cabo tivo que coller aire.

 

#

 

Niko espertou para atopar-se coa cabeza entre almofadas de espuma, co brazo esquerdo e mais o ombro sólidamente asegurados. Abriu os ollos para ver unha bolsa de sóro pingando incesante sobre dela. Había unha médica de pé xunto á cama, sostendo aínda a xeringa que seica a devolvera á vida. Levaba roupa verde normal de hospital cunha etiqueta cun nome: Lucy Itel. Pelo castaño curto, ollos castaños coma faros.

“Onde estou?”

O esforzo de falar semellaba árduo, usaba toda a enerxía dispoñíbel. Niko nunca se sentira tan feble. Non había motivo para tentar mover-se, porque o mareo frotaba sobre ela coma unha brétema afogante.

“Estás nun lugar seguro. Non hai necesidade de desacougar. Son a doutora Itel. Eu levo esta clínica. Temos unha plantilla moi grande, así que non te alarmes polas faces que cámbian ao teu redor”.

As lembranzas volveron a Niko, os matóns con pistolas, o accidente coa moto. Botou unha ollada ao seu cóbado e viu o tubo vermello serpeando cara fóra da súa pel. Xemiu. “Vampiros”.

A doutora Itel ofreceu un sorriso profesional, amosando uns dentes brancos perfectos. “Espertei-te para garantir a túa seguridade. A túa actividade cerebral era alarmantemente activa para un estado de soño. Preocupába-me que tiveses un trauma noiturno”.

“Estades-me a matar”, dixo Niko.

“Non, és demasiado valiosa coma para iso. Sempre collen demasiado para o primeiro día, sei-no. Xa falei disto no comité moitas veces”. Encolleu-se de ombros amosando a súa impoténcia perante a estúpida burocrácia. “Os expertos pagan mais”.

Niko xemiu de novo. “Aposto que iso é o que lle dixeron a George Washington a noite que o desangraron até morrer”. Pechou os ollos contra unha onda de mareo. Sentía-se murcha e disecada. Deus, estaban a lle quitar todo o sangue.

“Sei que é difícil as primeiras semanas. Estamos a te bombear nutrientes para compensar. Esteroides, estimulantes, esas cousas. O réxime estándar é coller sangue pola noite só mentres durmes. Serás libre para andar por aquí polo día. Tres comidas ao día, descargas multimédia”.

“Necesito conectar-me”.

“Si, xa vexo que estás conectada á Prime, pero iso non vai ser posíbel. Temos unha intranet conectada a unha enorme biblioteca para satisfacer a túa adición. Non és a primeira conectada que vemos. Pero agora tes algunhas modificacións cerebráis novas”. Mirou o seu taboeiro de dados. “Milloras ópticas, biochips no hipocampo, aumento do corpo calloso… e seica non tes informe dixital. Non tes rexistros de retina, sen historial médico nin calificación de creto, sen contas bancárias. Estou desexando descobrir mais cando esteas estabilizada”.

Niko sentiu-se coma un rato de laboratório, atrapada e rachada, completamente á mercede de científicos tolos coma demos. Axiña comezarían a lle facer probas cerebrais, tomando mostras de tecido para monitorear os sádicos resultados, só outro clon ilegal na lousa. Precisaba axuda. Tiña que se conectar á V-net, volver ás orixes. Sentiu a necesidade de vomitar e fixo un feble intento. Prisioneira neste colar cervical, probábelmente afogaría na súa própia bile e morrería.

“Acouga, acouga”, a doutora Itel canturreou suavemente e fregou a frente de Niko sobre a ponte do nariz. Estirou a outra man e pechou unha válvula no tubo do sangue. “Iso abonda por agora. Tomarei a temperatura polo momento. Tes dúas vértebras fracturadas, pero sen dano permanente. És nova e forte e tes o físico dunha ximnasta. O teu corpo está xa a se rexenerar co virus. Non desacougues, vas vivir para sempre aquí”.

 

Fin