Prémio para Dracula 3

0
177
Dracula 3
Dracula 3

A poucas semanas da celebración do Halloween, Drácula recupera protagonismo grazas a Dracula 3: Path of the Dragon, unha aventura gráfica para PC que ven de recibir o prémio Milthon ao millor guión no Festival do Videoxogo de París, un evento celebrado o pasado 26 de setembro no decurso do Festival du Jeu Video por segundo ano consecutivo e que serve para premiar aos millores na escena da produción francesa.

Dracula 3: Path of the Dragon é unha aventura creada pola Kheops Studio, cun ambiente tebroso e que leva ao xogador por Roma, Budapest, Turquía e Transilvánia, até as mesmas ruinas do que unha vez foi o castelo de Vlad “O Empalador”, para desbaratar os plans das forzas do mal.

O protagonista é o pai Arno Moriani, un representante do Vaticano enviado a Transilvánia para levar a cabo un proceso de canonización. As lendas e mistérios ao redor dos vampiros darán un xiro aos acontecementos.

O argumento obriga a interactuar con centos de persoaxes para conseguir información, xa sexa falando con eles cara a cara, por correio ou vía telefónica. Ainda que a tarefa principal é descifrar manuscritos, gravados, profecías… utilizando a máquina Enigma, o instrumento de encriptación máis eficaz da época na que está ambientado o videoxogo, após da Primeira Guerra Mundial.