Frequency convérte-se en série de TV

0
264

Outro clásico filme fantástico está xa por se reconverter en série de televisión para o outono que ven. A canle NBC está a planear unha adaptación á pequena pantalla do thriller de ciéncia-ficción de baixo orzamento do ano 2000 Frequency, que protagonizaran Dennis Quaid e mais Jim Caviezel.

Seica o guionista de Supernatural, produtor e showrunner Jeremy Carver creou unha nova versión do material e a canle mesmo comprometeu-se a pagar unha cantidade ao autor se o guión non se chega producir.

Carver escribirá o episódio piloto que se centrará nun detective da policía de New York que se conecta co seu fillo, trinta anos no futuro. Pai e fillo, en cadanseu tempo, deberán traballar xuntos para deter uns tráxicos acontecementos que tiveron lugar, e ademais para reconstruíren a súa relación danada. No filme orixinal, era o fillo que se daba conectado co pai, un bombeiro que morrera trinta anos atrás, por médio dunha equipa de rádioafeccionado.

Toby Emmerich, quen escribiu o guión orixinal, regresará á série pero en tarefas de produtor.