Lee Daniels abre a casa dos demos

0
246

Lee Daniels (The Paperboy, The Butler) será o encargado de dirixir o filme de terror Demon House, supostamente baseado en feitos reais, para a Relativity Media.

A história vai sobre a família Ammons na vila de Gary, en Indiana, quen aseguran seren vítimas dunha posesión diabólica. Latoya Ammons e mais os seus tres fillos afirmaron en 2011 e 2012 que experimentaron episódios de levitación, de estranguláren-se os uns aos outros, e de falar con refungos.

O departamento de policía de Gary, o de servizos sociais para a infáncia e mais a igrexa local emitiron informes sobre os supostos acontecementos sobrenaturais e os exorcismos que foron levados a cabo coa presenza da policía.

Un membro dos servizos sociais dixo que foi testemuña de como o fillo menor refungaba cos ollos voltos para atrás, pechando as mans ao redor do pescozo do seu irmán maior, sen logo ser quen de relembrar o incidente.

A família Ammons mudou-se en 2012 e os novos residentes viven dende aquela sen problemas na mesma casa. Jackson Nguyen, Todd Crites e Bruce Cohen son os produtores.