Keanu Reeves vai facer Réplicas

0
270

Keanu Reeves será o protagonista do thriller de ciéncia-ficción Replicas, que producirán conxuntamente a Lotus Entertainment, a di Bonaventura Pictures e mais a Fundamental Films.

Reeves interpretará a un neurocientífico cuxa família morre nun accidente de tráfico, polo que decide non deter-se ante nada para trae-los de volta, e rebelándo-se contra un laboratório controlado polo governo, a policía e mesmo as leis da ciéncia.

Tanya Wexler (Hysteria) será a directora deste filme, que conta cun guión de Chad St. John e está baseado nunha ideia orixinal de Stepehen Hamel e mais o mesmo Reeves. Reeves, Lorenzo di Bonaventura e Stephen Hamel serán os produtores.