Adéus a Glenn A. Larson

Glenn A. LarsonO lendário creador de televisión Glen A. Larson finou por mor dun cancro de esófago esta pasada fin de semana aos 77 anos de idade. Larson foi o creador de sagas tan míticas dos 70 e 80 coma Battlestar Galactica (a série orixinal) Knight Rider, Manimal, ou Buck Rogers in the 25th Century, ademais do compositor dos temas de Knight Rider e The Six Million Dollar Man.