Ridley Scott promete novos monstros

0
317

O realizador Ridley Scott ven de escomezar a facer a promoción do seu filme épico baseado na bíblia Exodus: Gods and Kings e aproveitou asemade para falar do progreso das secuelas de Prometheus e Blade Runner.

Respeito á secuela da primeira, Scott dixo que a continuación será “mais fresca” e “afastará-se de deuses e dragóns e toda esa merda. Se vexo un só dragón mais, vou-me pegar un tiro. Xa abonda de dragóns“.

Cando fala de “dragóns”, Scott refíre-se á creatura de Alien creada por H.R. Giger e verbo dela dixo que é “o dragón definitivo e é un cabronazo. O álien é de verdade, por iso é probábelmente un dos filmes mais aterradores da história“.

Está de acordo con que a creatura ao final de Prometheus era “excesivamente semellante ao álien“, pero planea afastar-se diso na continuación: “Con Prometheus 2 o que intento facer é reintroducir unha nova forma de álien no terceiro acto”.

E sobre Blade Runner 2, o único que comentou foi que o guión “está xa escrito e é realmente bó“.