A clásica novela distópica de George Orwell 1984 vai contar axiña cunha nova adaptación á pantalla grande grazas ao director de The Bourne Ultimatum, o realizador Paul Greengrass.
James Graham escribirá o guión para esta nova versión do material. Polo de agora non se sabe ren de como vai ser a adaptación, se estará baseada no mesmo periodo histórico da novela ou se será unha versión mais contemporánea, pero considerando os traballos anteriores de Greengrass, é de agardar que haxa unha boa chea de referéncias á desmedida vixiáncia que os Estados e as corporacións realizan na nosa sociedade actual.
Scott Rudin e Gina Rosenblum serán os produtores. O proxecto está aínda nas súas primeiras fases de desenvolvemento, e Greengrass aínda ten pendente de rodar primeiro outra entrega da saga de Bourne xunto a Matt Damon.