Dragonriders of Pern xa ten guionista

0
242

Após de se facer cos dereitos sobre a saga literária a princípios deste ano, a Warner Bros. Pictures ven de contratar á escritora e guionista Sarah Cornwell para que se encargue da adaptación ao cinema de Dragonflight, a primeira entrega de Dragonriders of Pern, a popular saga de dragóns de Anne McCaffrey, composta por vintedous novelas.

Ambientada no planeta Pern, a história vai sobre a filla dunha família de governantes que é a única que escapa da morte a mas do cruel usurpador Fax. Para sobrevivir, deberá disfrazar-se de serventa na casa do novo tirano.

Axiña, decatará-se de que as súas habilidades telepáticas son mais fortes do que coidaba, e comezará unha viaxe co obxectivo de rescatar a antiga tradicións dos xinetes de dragóns, descobrindo de paso os segredos da história do planeta.

A primeira novela foi publicada en 1968, e grazas a ela McCaffrey converteu-se na primeira muller que gañou os prémios Hugo e Nebula.