Non haberá secuela dos Goonies

557
Os Goonies
Os Goonies

Richard Donner, que en 1985 dirixiu Os Goonies, confirmou que houbo certos movementos para rodar unha secuela, pero que finalmente ésta non se levará a cabo.

Segundo declarou Donner, “tentámo-lo de verdade, e Steven Spielberg dixo que a faríamos. Había unha cheia de xóvenes guionistas a traballar, pero non houbo ocasión de os chamarmos“.

Entre os guionistas que traballaron na película estaban os autores do libreto de Transformers, Roberto Orci e Alex Kurtzman.

Até hai unhas poucas semanas a Warner Bros considerou poñer en marcha o proxecto, que finalmente foi cancelado.