O actor Keanu Reeves está en negociacións para se converter no protagonista do vindeiro thriller de acción de Tarsem Singh The Panopticon para a produtora Good Universe.
Craig Rosenberg (After the Sunset) escribiu o guión, que vai sobre un home que semella normal pero que recibe un misterioso paquete que contén unha gravación realizada por el e dirixida a si mesmo.
A mensaxe advirte que o mundo está por rematar e que so el pode salva-lo, así que se embarca nunha carreira contra o reloxo para descobrir a verdade antes de que remate o prazo que supoña o fin da humanidade.
Craig Rosenberg escribiu o guión, que Andrew Lazar (Get Smart) producirá.