Crawlers, o novo de Dick no cinema

0
265

Jason Lapeyre (I Declare War) será o encargado de dirixir The Crawlers, unha adaptación ao cinema dun conto homónimo do clásico escritor de ciéncia-ficción Philip K. Dick.

Kalen Egan e Travis Sentell están a adaptar o guión, ambientado a finais dos anos 60 e que vai sobre un xoven topógrafo do governo que visita a pequena vila de Boyle, Texas.

Seguindo as pegadas duns alarmantes rumores da reservada povoación da vila, axiña descobre que eles non son os únicos habitantes de Boyle.

A artista visual Patricia Piccinini deseñará ás creaturas, mentres ca o artista de maquillaxe e deseñador Steve Johnson (War of the Worlds) será o encargado dos efectos especiais xunto co seu parceiro, o realizador Robert L. Lucas.

Edward R. Pressman e mais a filla do escritor Isa Dick Hackett serán os produtores.