Presentación de Hostal Norte

0
500

O escritor Xosé Duncan presentará a súa nova obra, a novela Hostal Norte, na libraría Suévia d’A Coruña, Rúa Vila de Negreira, nº 32 o vindeiro venres 28 de novembro ás 20:00 horas.

Neste libro, unha novela curta de terror e mistério, atoparemos a Brais, un rapaz que marcha da casa dos seus pais e chega ao Hostal Norte, onde o agarda un amigo que prometeu axuda-lo a comezar unha nova vida. Porén, á súa chegada ao hostal, as cousas torcerán-se e nada sairá como el esperaba, nada é o que parece ser.

Seis cuartos, seis vidas completamente diferentes que conforman, ao seu xeito, un universo único que, aos poucos, irá-se apoderando da cordura de Brais. Seis hóspedes que tecerán a arañeira dos recordos que tentou deixar atrás, agochados no fondo da súa mente e que, de deixa-los saír, conducira-no ao máis horríbel dos destinos.

Unha fuxida, ás veces, non é máis que unha carreira frenética que tenta afastar-nos de nós mesmos. Sabemos do que queremos escapar mais, case nunca, estamos seguros de até onde nos levará.

A novela está publicada pola Urco Editora a través do seu selo Alcaián, e conta con ilustracións de José María Picón.