Pitt e Dan Wilson apúntan-se a Alpha

0
266

O autor da novela Robopocalypse, Daniel H. Wilson, vai-se asociar con Brad Pitt na vindeira longametraxe de ciéncia-ficción Alpha, que producirán a Lionsgate e mais a Plan B.

Wilson creou a ideia orixinal e ademais escribirá o guión do filme, do que se conta que será coma unha versión de ciéncia-ficción das obras de Jack London, pero á parte disto non se coñecen mais detalles sobre o argumento.

O realizador canadiano Anthony Scott Burns fará o seu debut coma director dunha longametraxe, mentres ca Pitt, Dede Gardner e Jeremy Kleiner serán os produtores.