The Stand serán catro filmes

0
236

Dende que se anunciou hai xa anos a versión para o cinema de The Stand, a novela épica de Stephen King, houbo moita confusión ao redor de cantos filmes levaría adaptar un libro de 1152 páxinas.

O director de The Fault in Our Stars, Josh Boone, leva xa algún tempo vencellado ao proxecto coma guionista e director, e até ben recentemente continuaba dicindo que a novela sería adaptada nunha ou coma moito duas películas. Nombergantes, nunha recente entrevista, seica as cousas mudaron a moito.

Na devandita entrevista, Boone explicou que a adaptación fará-se ao longo de catro películas, e que se ben ao princípio a ideia que el lle vendeu á produtora era unha soa longametraxe de tres horas, despois de leren o guión, os estudos consideraron a ideia de expandir o conto ao longo de mais películas.

Cun orzamento total de 87 millóns de dólares, Boone considera que con mais partes, póde-se contar unha história mais auténtica: “así que coido que ímo-lo facer con catro películas. Non che podo dicir ren sobre como o imos facer, ou o que vai pasar en cada un dos filmes“.

En todo caso, a longametraxe podería entrar en produción o ano que ven, se cadra en primavera, e contará cun reparto que segundo Boone “vai ser alucinante“.