Á procura do Paciente Cero

0
214

O antigo protagonista da série Doctor Who, Matt Smith, ven de se unir ao reparto do thriller de zombis Patient Zero na Screen Gems.

Natalie Dormer (Game of Thrones) será a outra protagonista deste filme, ambientado no “día despois” dunha pandémia mortal na que un virus mutado da raiba converte aos seres humáns en creaturas violentas e zombificadas.

A acción xira ao redor dun home que non só é inmune a esta enfermidade, senón que ten a habilidade de se comunicar cos mesmos zombis. El encargará-se de liderar unha busca da vítima orixinal, coa esperanza de poder atopar unha cura que salve á súa muller, tamén infectada co virus.

Stefan Ruzowitzky (The Counterfeiters) será o director a partir dun guión escrito por Mike Le, mentres ca Vincent Newman será o produtor. O proxecto será a segunda longametraxe que presente a Smith coma protagonista, despois de que comezara a se vencellar co mundo dos non-mortos na rodaxe de Pride and Prejudice and Zombies.