Ridley Scott non dirixirá Blade Runner 2

0
354

O cineasta Ridley Scott revelou onte que xa non segue vencellado á dirección da secuela do filme de Blade Runner, actualmente en desenvolvemento dende hai xa vários anos.

Nunha entrevista co xornal Variety, Scott confirmou que aínda seguirá a bordo do proxecto, pero coma produtor, e confirmou de feito que a rodaxe escomezará nalgún intre ao longo do ano que ven, pero sen entrar en detalles sobre por que non vai ser el quen ocupe a cadeira do director.

Scott e mais o guionista do filme orixinal de Blade Runner, Hampton Fancher, desenvolveron un guión para facer a secuela, e o guionista de Green Lantern Michael Green entrou no grupo o pasado verán coa misión de pulir o libreto. Hai tan só uns días Scott indicaba que o guión estaba xa listo, e mesmo confirmou que o persoaxe que interpretara Harrison Ford na primeira parte, o cazador de replicantes Rick Deckard, terá unha participación na história:

Falamos en profundidade sobre o que podería ser, e xurdiu unha liña argumental moi forte con tres actos, e todo ten senso respeito a como se relaciona co primeiro. Harrison é grande parte deste primeiro, pero realmente vai sobre atopa-lo; el aparece no terceiro acto“.

Scott está nestes intres ocupado coa posta en marcha da produción de The Martian, que ocupará grande parte do seu tempo ao longo do ano que ven, antes de comezar coa filmación da secuela de Prometheus a finais de 2015 ou comezo de 2016. Dado que Blade Runner 2 está previsto para comezar a se producir o ano que ven, o calendário semella un pouco ateigado. Agora que decidiu ser só o produtor, Scott terá tempo para os outros proxectos.