Juan Antonio Bayona, o director do filme O Orfanato, que está estes días nos Estados Unidos co gallo da estrea naquela país do seu filme, prevista para o vindeiro día 28, revelou á prensa que xa lle ofreceron facer un remake en inglés pero que declinou a proposta.
Foi o produtor Guillermo del Toro quen lle fixo a oferta, segundo Bayona: “É un home moi xeneroso, el mo ofreceu, eu fun o primeiro a quen se lle fixo esta proposta de dirixir a película, pero para min era demasiado. Preciso dalgo diferente agora“.
Del Toro (o director de Hellboy) produciu e presentou O Orfanato, o filme que representará a España nos prémios da Académia do cinema de Hollywood. A fita está protagonizada por Belén Rueda e conta cun guión de Sergio G. Sanchez. Del Toro producirá tamén a versión inglesa do filme, que se fará de todos os xeitos, con ou sen Bayona, e dirixida ao público americano.
Bayona non está preocupado polos trocos que se poderán facer na súa história: “Unha obra de teatro póde-se facer mil veces e ninguén se queixa por iso. Non é unha aldraxe, coido. De feito, espero que o remake será moi diferente e non tebntará facer a mesma cousa“.