It comezará a se rodar no verán

982

Após de pasar anos de desenvolvemento, seica a adaptación ao cinema da novela de Stephen King It está xa lista para escomezar a produción na New Line Cinema. O director da série True Detective Cary Fukunaga será o encargado de se poñer á fronte desta versión para a pantalla grande, que adaptará en dúas partes a novela de 1.138 páxinas.

Dan Lin, o produtor, nunha recente entrevista, dixo que todo o tempo que estiveron a lle dar voltas á ideia do filme serviu para millorar o resultado:

A ideia é comezar a preprodución en marzo oficialmente para rodar no verán. A Cary gósta-lle desenvolver cousas durante moito tempo, e levamos con isto xa tres ou catro anos, así que estamos super emocionados de que ficara connosco. Vós tamén ides estar emocionados“.

O libro orixinal vai sobre un grupo de adolescentes inadaptados (alcumados “o clube dos perdedores”) no Maine de 1958 que atopan a “It”, unha criatura capaz de cambiar de forma e que se alimenta de nenos e cuxa forma favorita é un pallaso sádico chamado Pennywise. En 1985 a creatura reaparece, e os nenos, agora xa adultos, deberán enfrontar-se ao demo da súa nenez unha vez mais.

O filme actualizará os periodos temporais aos nosos tempos. Lin dixo que King leu o guión de Fukunaga e Chase Palmer e que está moi contento con el.

Por suposto que a gran pregunta é quen será capaz de se poñer na pel do pallaso asasino, que interpretara o cómico Tim Curry na adaptación á televisión desta novela que se fixo en 1990.