Cumberbatch confirmado coma Doutor Strange

969

Após da confirmación de Ryan Reynolds para o papel de Deadpool, a Marvel anunciou o que xa moitos sabían dende había algún tempo, que Benedict Cumberbatch será finalmente o doutor Stephen Strange no filme da Marvel Studios Doctor Strange.

O protagonista da série de televisión Sherlock fará o papel do neurocirurxán que após du nterríbel accidente de automóbil descobre o mundo da máxia e das dimensións alternativas, o que lle converte no Feiticeiro Supremo que debe protexer á Terra contra a máxia e as ameazas místicas.

Joaquin Phoenix fora nun primeiro intre o elixido para facer este papel pero tivo que deixa-lo a princípios de ano. Cumberbatch, que sempre foi o favorito dos fans mesmo antes de que Phoenix fora vencellado ao persoaxe, levaba xa vários meses de negociacións coa produtora.

Scott Derrickson será o director do filme, que conta cun guión de Jon Spaihts e a data de estrea planeada para o 4 de novembro de 2016.