Ainda que levaba xa algún tempo xa case confirmado, o intre oficial non se produciu até hai dous días, cando a Marvel anunciou que Ryan Reynolds será o protagonista da longamente agardada longametraxe spin-off dos X-Men Deadpool.
Reynolds, que xa fixo o mesmo papel do lingoreteiro mercenário no filme de 2009 X-Men Origins: Wolverine, levaba agardando pola confirmación oficial dende había un ano.
A 20th Century Fox xa anunciara a data de estrea da película para o 12 de febreiro de 2016 e todo semellaba pendente de se chegar a un acordo definitivo co protagonista. Agora a rodaxe poderá comezar no vindeiro mes de marzo.
Tim Miller será o director deste filme de superheroes a partir dun guión de Rhett Reese e Paul Wernick. Lauren Shuler Donner é o produtor.