Krysten Ritter (Breaking Bad, The Blacklist) será a protagonista da vindeira série da televisión da Marvel Studios, Jessica Jones, o segundo que será producido pola canle de vídeo baixo demanda Netflix.
Ritter interpretará a unha superheroína que sofre estrés postraumático, decide colgar o seu uniforme e abrir a súa própia axéncia de detectives, na que acabará por axudar a outros superheroes.
A Netflix e mais a Marvel comprometéron-se a produciren unha série de trece episódios que se emitirá entre finais de 2015 e primeiros de 2016.