O guionista de Pan, en Wonder Woman

0
248

Jason Fuchs, o guionista responsábel de Ice Age: Continental Drift e mais da vindeira película que narra a orixe de Peter Pan, Pan, está a negociar a súa contratación para se ocupar do guión do filme Wonder Woman na Warner Bros. Pictures e mais a DC Entertainment.

As novas chegan moito despois de que se soubera que Michelle MacLaren (Breaking Bad, Game of Thrones) ía ser a directora, Gal Gadot faría o papel da princesa amazona e que ademais se dera a coñecer a data de estrea, o 17 de xullo de 2017.

O proxecto consistirá nmunha soa película, pero é considera coma ún dos mais importantes da colaboración entre a Warners e mais a DC COmics, xa que o persoaxe, sendo ún dos mais importantes do universo DC, nunca tivo a súa oportunidade na pantalla grande e iso que só é o tericeiro mais popular da editorial xusto por detrás de Superman e Batman.

Fuchs traballará no guión xunto con MacLaren.