David Green, coa secuela das Tartarugas

1026

David Green (Earth to Echo) está a manter conversas para se encargar de dirixir a secuela do filme deste ano Teenage Mutant Ninja Turtles, o relanzamento das famosas tartarugas mutantes que produciru con escasa fortuna a Paramount Pictures. Green tomaría o relevo a Jonathan Liebesman, quen se encargou de dirixir o primeiro filme, que mália a súa escasa calidade, recadou nada menos ca 478 millóns de dólares en todo o mundo.

A Paramount quere escomezar a traballar canto antes na secuela e desexa asemade unha nova estratéxia. Coma resultado, decediron non volver contar con Liebesman, quen agora deberá ocupar-se do comezo da saga de Shannara. A nova das tartarugas deberá chegar ao cinema en 2016.

Michael Bay, Brad Fuller e Andrew Form regresarán coma produtores, mentres ca Josh Applebaum e Andre Nemec escribirán o guión. Megan Fox e Will Arnett repetirán probábelmente os seus papéis do primeiro filme.