Spectre, o novo vello inimigo

812

O realizador Sam Mendes, o actor Daniel Craig e mais o reparto ao completo da 24ª entrega da saga de James Bond apareceron perante a prensa para facer o anúncio oficial do comezo da rodaxe nos estudos Pinewood en Londres.

A grande nova foi a revelación do título da película, SPECTRE, unha referenza á famosa organización criminosa que foi a maior inimiga de 007 nos primeiros filmes protagonizados por Sean Connery na franquía do superaxente secreto, e que seica fai regresar por todo o alto. Isto daría pé dende logo aos rumores que apuntaban á volta do superfalcatruán Blofeld neste filme (se ben o seu nome non foi mencionado no evento).

A rodaxe comezará xa o luns e terá lugar en Londres, Roma, Cidade de México, Marrocos e Áustria.